venres, 22 de xuño de 2012


                                                          5 ANOS A-B

3ª AVALIACIÓN. FIN DE CURSO. FIN DE ETAPA.
Queridos nenos, nenas e familia:
Queremos despedirnos e deciros que estamos moi orgullosas de haber formado parte das vosas vidas.
Nunca vos esqueceremos porque sempre estaredes nos nosos recordos.
Grazas por ser vós mesmos e noraboa ás familias por ter uns nenos e nenas tan especiais.
Un bico grande, moi grande, grandísimo de Tere e Eva. Ata pronto.

                                                                5 ANOS A








                                                                   5 ANOS B




E por suposto, todos estaredes sempre xuntos na orla que cada un de vós tedes e que desexamos que a gardedes como si fixo o voso maior tesouro.


BOAS VACACIÓNS!!!


3 ANOS A
Prezadas familias:
Co remate do curso queremos deixarvos un agasallo como mostra do valioso tempo que compartimos con cada un dos vosos nenos e nenas.
Unha grande aperta de Pili e Rocío. Ata pronto. Boas vacacións!!!


xoves, 22 de marzo de 2012

2ª AVALIACIÓN. INFANTIL 4 ANOS

                                                                                                                                                                                                            
Nesta 2ª avaliación que está a piques de rematar queremos que sexan os/as alumnos/as de E. Infantil 4 anos os/as protagonistas deste periodo no que: celebramos o entroido,
finalizou o inverno e comenzou ... a primavera!!!

Esperamos que vos gusten os nosos disfraces.

                                 4 ANOS A



4 ANOS B


4 ANOS C
  


Ao mesmo tempo, queremos aproveitar para felicitar á AMPA do cole polo premio que lle concedeu o Concello de Lugo no Concurso Infantil de Disfraces.

 


E como non, agradecer por entregar ese premio ao cole para invertilo na compra de libros para os alumnos/as de E. Infantil. Moitas grazas.




luns, 12 de marzo de 2012

EXPERIMENTO: ERUPCIÓN VOLCÁNICA

QUEREDES VER A ERUPCIÓN DUN VOLCÁN?

POIS FACEDE O MESMO QUE FIXEMOS NÓS E VEREDELA

                                                                                          
1º Facemos un volcán con plastilina que non sexa moi alto.

2º Metemos dentro del unhas culleradas de fermento da que se usa para cociñar.

3º Poñemos tamén unhas pingas de colorante vermello no fermento.

4º Engadimos un pouco de vinagre á mestura e vemos que a lava sae do volcán e baixa pola ladeira.











DÍA DA PAZ

sábado, 28 de xaneiro de 2012

30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.
O 30 de xaneiro de 1948 foi asasinado Mahatma Gandhi (político e pensador indio ) cando ía rezar.

Pola importancia de Gandhi no camiño hacia outro mundo posíbel esa data foi elexida polas Nacións Unidas como Día Mundial para conmemorar o Día da Paz.
E como ben dicía Gandhi:
              "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño"
Por iso, o luns pombas, arcos da vella, frases, proverbios,... percorrerán os corredores do cole para ensinar e como non, aprender ese camiño.
E como a música tamén é moi importante na cultura da paz  aquí tedes ... uns clásicos deste día. ( Que bo é poder trasladar as nosas cancións ás futuras xeracións!!!)
Que as disfrutedes!!!