sábado, 28 de xaneiro de 2012

30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.
O 30 de xaneiro de 1948 foi asasinado Mahatma Gandhi (político e pensador indio ) cando ía rezar.

Pola importancia de Gandhi no camiño hacia outro mundo posíbel esa data foi elexida polas Nacións Unidas como Día Mundial para conmemorar o Día da Paz.
E como ben dicía Gandhi:
              "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño"
Por iso, o luns pombas, arcos da vella, frases, proverbios,... percorrerán os corredores do cole para ensinar e como non, aprender ese camiño.
E como a música tamén é moi importante na cultura da paz  aquí tedes ... uns clásicos deste día. ( Que bo é poder trasladar as nosas cancións ás futuras xeracións!!!)
Que as disfrutedes!!!